martes, 10 de mayo de 2011

Tarjetas de expansión PCI y PCI express


Las tarjetas de expansión son dispositivos con diversos circuitos integrados y controladores que, insertadas en sus correspondientes ranuras de expansión, sirven para ampliar las capacidades de un ordenador. Las tarjetas de expansión más comunes sirven para añadir controladoras de vídeo y imagen ,sonido,conexión a la televisión , puertos serie o paralelo y dispositivos de módem. Las tarjetas de expasión deben conectarse a la placa madre a través de una ranura de expansión.

viernes, 6 de mayo de 2011

Os protocolos TPC/IP


Os protocolos TPC/IP

Os protocolos TCP/IP garanten que todos os ordenadores se comuniquen sen problemas como unha rede única .

  • TCP ou protocolo de control de transmisión ( transmisión control protocol ).É un conxunto de regras establecidas na transmisión de información entre ordenadores que garanten que os datos serán transferidos sen erros e na mesma orde en que foron transmitidos.

  • IP (internet protocol) é un enderezo mediante o cal se identifica cada ordenador que está conectado a internet . Dito doutro xeito , a través de internet os ordenadores conéctanse entre si mediante os seus enderezos IP repectivos.

Ferramentas de participación e colaboración


Ferramentas de participación e colaboración

Elaboración de documentos de forma colaborativa :Podemos crear , administras e compartir documentos de texto e follas de cálculo desde internet a través do navegador Web. Tamén mentas ofimáticas estándar . A empresa Google dispón da ferramenta Google docs & Spreadsheets ( documentos e follas de cálculo)


As wikis : De forma sinxela e intuitiva ,permiten crear , modificar , enlazar e borrar o contido dunha páxina web colaborativa . Podemos crear unha wiki persoal ,aínda que a máis coñecida é a enciclopedia libre Wikipedia.


As bitácoras ou blogs:Son sitios web deseñados para escribir artigos persoais ou de calquera outro tipo que se ordenen automaticamente outras outro empezando polo máis recente. Utilízase un sistema de etiquetas (tag , en inglés ) para organizar os artigos por temas .Os lectores dos blogs poden facer comentarios sobre calquera artigo concreto .


Os foros ou grupos de discusión : Permítenos establecer debates ou intercambiar opinións sobre calquera tema determinado e soen estar moderados polo responsable do foro. Na actualidade,é unha ferramenta moi utilizada para expoñer dúbidas e obter solucións.


A mensaxería instantánea: Permite intercambiar mensaxes entre dúas ou máis persoas en tempo real . É unha evolución dos populares chats, que aínda se utilizan pero pero non ofrecen as mesmas prestacións . Tamén admite o iso da imaxe e o son para establecer videoconferencias.



A seguridade na rede



A SEGURIDADE NA REDE

Os riscos da rede

Relativos á información

Relativos á comunicación interpersoal

  • Acceso a información pouco fiable:Debemos asegurarnos de que as fontes de información de internet utilicemos sexan fiables.

  • Dispersión e perda de tempo : Hai tanta información na rede que debemos de aprender a xestionala para que non resulte contra producente .

  • Acceso á información inapropiada ou ilegal:Debemos seleccionar fontes de información cuxos contidos non sexan sexistas , xenófogos ou pornográficos , e que non fomenten a violencia e o consumo de substancias , ou ben actitudes que sexan prexudiciais para a saúde .

  • Mensaxes lixo : Debemos evitar as mensaxes de publicidade non desexada que se envía de forma indiscriminada e abusiva.

  • Mensaxes ofensivas : Non permitamos que o noso interlocutor nun chat poida utilizar unha linguaxe ou unha temática que nos poida ofender ou ou incomodar .

  • Perda de intimidade:Non hai que proporcionar datos de carácter persoal ou pertencentes a amigos e familiares a través de canles abertas como chats , foros ou formularios , xa que non podemos saber de que xeito os van utilizar .

  • Suplantación de identidade: Debemos ser cautelosos cando coñezamos persoas a través da rede ,xa que hai xente que utiliza unha falsa identidade para gañar a nosa confianza con malas intencións .

Sobre as actividades económicas

Sobre as adiccións

  • Estafas ou roubos : Temos que evitar facilitar os datos da tarxeta de crédito , sen a autorización dos nosos pais ,a entidades cuxa procedencia non coñezamos .

  • Compras inducidas e sen autorización : Non debemos deixarnos tentar pola publicidade na rede , que nos incita ao consumo irreflexivo .A mellor maneira de non caer na tentación é consultar unha compra cos nosos pais antes de decidila .

  • Violación da propiedade intelectual :Como veremos máis adiante , existe moita información na rede que ten propietario e , polo tanto , non podemos facer uso dela .

  • Nos contornos sociais virtuais : Só sabemos relacionarnos a través da rede e non podemos limitar o uso destes contornos , como o chat .

  • Ao xogo compulsivo:Cando estamos enganchados a calquera clase de xogo , que supoña xogar cartos ou non , que non nos permite relacionarnos normalmente ou cumprir coas nosos abrigas, como ir á escola.

  • Compras compulsivas : Como a rede está aberta as vinte catro horas do día e os 365 días do ano , o risco de caer nunha espiral de compras compulsivas pode derivar nunha conduta patolóxica de graves consecuencias psíquicas e económicas.