
Ferramentas de participación e colaboración
Elaboración de documentos de forma colaborativa :Podemos crear , administras e compartir documentos de texto e follas de cálculo desde internet a través do navegador Web. Tamén mentas ofimáticas estándar . A empresa Google dispón da ferramenta Google docs & Spreadsheets ( documentos e follas de cálculo) |
|
As wikis : De forma sinxela e intuitiva ,permiten crear , modificar , enlazar e borrar o contido dunha páxina web colaborativa . Podemos crear unha wiki persoal ,aínda que a máis coñecida é a enciclopedia libre Wikipedia. |
|
As bitácoras ou blogs:Son sitios web deseñados para escribir artigos persoais ou de calquera outro tipo que se ordenen automaticamente outras outro empezando polo máis recente. Utilízase un sistema de etiquetas (tag , en inglés ) para organizar os artigos por temas .Os lectores dos blogs poden facer comentarios sobre calquera artigo concreto . | |
Os foros ou grupos de discusión : Permítenos establecer debates ou intercambiar opinións sobre calquera tema determinado e soen estar moderados polo responsable do foro. Na actualidade,é unha ferramenta moi utilizada para expoñer dúbidas e obter solucións. |
|
A mensaxería instantánea: Permite intercambiar mensaxes entre dúas ou máis persoas en tempo real . É unha evolución dos populares chats, que aínda se utilizan pero pero non ofrecen as mesmas prestacións . Tamén admite o iso da imaxe e o son para establecer videoconferencias. |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario