Acceso a información pouco fiable:Debemos asegurarnos de que as fontes de información de internet utilicemos sexan fiables. Dispersión e perda de tempo : Hai tanta información na rede que debemos de aprender a xestionala para que non resulte contra producente . Acceso á información inapropiada ou ilegal:Debemos seleccionar fontes de información cuxos contidos non sexan sexistas , xenófogos ou pornográficos , e que non fomenten a violencia e o consumo de substancias , ou ben actitudes que sexan prexudiciais para a saúde . | Mensaxes lixo : Debemos evitar as mensaxes de publicidade non desexada que se envía de forma indiscriminada e abusiva. Mensaxes ofensivas : Non permitamos que o noso interlocutor nun chat poida utilizar unha linguaxe ou unha temática que nos poida ofender ou ou incomodar . Perda de intimidade:Non hai que proporcionar datos de carácter persoal ou pertencentes a amigos e familiares a través de canles abertas como chats , foros ou formularios , xa que non podemos saber de que xeito os van utilizar . Suplantación de identidade: Debemos ser cautelosos cando coñezamos persoas a través da rede ,xa que hai xente que utiliza unha falsa identidade para gañar a nosa confianza con malas intencións . |
Estafas ou roubos : Temos que evitar facilitar os datos da tarxeta de crédito , sen a autorización dos nosos pais ,a entidades cuxa procedencia non coñezamos . Compras inducidas e sen autorización : Non debemos deixarnos tentar pola publicidade na rede , que nos incita ao consumo irreflexivo .A mellor maneira de non caer na tentación é consultar unha compra cos nosos pais antes de decidila . Violación da propiedade intelectual :Como veremos máis adiante , existe moita información na rede que ten propietario e , polo tanto , non podemos facer uso dela . | Nos contornos sociais virtuais : Só sabemos relacionarnos a través da rede e non podemos limitar o uso destes contornos , como o chat . Ao xogo compulsivo:Cando estamos enganchados a calquera clase de xogo , que supoña xogar cartos ou non , que non nos permite relacionarnos normalmente ou cumprir coas nosos abrigas, como ir á escola. Compras compulsivas : Como a rede está aberta as vinte catro horas do día e os 365 días do ano , o risco de caer nunha espiral de compras compulsivas pode derivar nunha conduta patolóxica de graves consecuencias psíquicas e económicas. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario