
Grazas a internet , desenvolvéronse novas tecnoloxías e novos servizos , pero tamén evolucionaron tecnoloxías xa existentes. É o caso da telefonía .
A voz sobre o protocolo de internet , tamén coñecida como VoIP ou telefonía IP , é o conxunto de recursos que fan posible que o sinal de voz viaxe a través de internet .
Con estes recursos enviados a voz en formato dixital por internet en lugar de enviala mediante os circuítos de empresas telefónicas .
Cando se fai unha chamada VoIP entre dous usuarios de internet , non se paga nada .Só se paga cando a chamada se fai a un número de teléfono fixo ou a un móbil . Deste xeito , un usuario de Nova York pode chamar a un amigo ou amiga a Barcelona de forma moi económica .
Actualmente , existen diversos protocolos que permiten este servizo .Uns son privados, como no caso de Skype, e outros son libres ,como SIP ou Jingle. O problema é que non son compatibles :un usuario do Skype non pode conectar con SIP .