miércoles, 27 de abril de 2011


TRANSMISIÓNS DATOS A TRAVÉS DA LUZ

Os datos informáticos baséanse na numeración binaria . Na comunicación infravermella , esta numeración pódese entender ou codificar como 0 , se non hai luz, e 1 , se a hai .

O equipo emisor transforma os datos que hai que enviar nunha codificación de 0 e 1 para apagar ou acender o led . Este envía lampos de luz a determinada velocidade (acendida ) ou interrompe) a emisión (apagada). Cando o equipo receptor recibe a luz , transforma a secuencia dos lampos de luz en datos .

Así pois , podemos dicir que hai un cable virtual por onde pasan os datos dun elemento a outro . Este tipo de comunicación que permite enviar os bits de información un detrás doutro chámase comunicación en serie . Por isto, é habitual configurar a conexión de infravermellos dos ordenadores como un nova conexión de serie .

No hay comentarios:

Publicar un comentario