miércoles, 27 de abril de 2011

Creación dunha rede doméstica sen cables



Os elementos que necesitamos para crear unha rede sen cable na casa son un punto de acceso para conectar ao encamiñador , e un dispositivo Wi-Fi para conectar ao ordenador.

  • Un punto de acceso é un dispositivo encargado de conectar dispositivos Wi-Fi para crear unha rede sen cables .Habitualmente, tamén dispón dun conector para rede con cable e permite conectar a rede sen cable coa rede de cables .

Moitos dos encaiñadores actuais xa levan incorporado o punto de acceso , e ofrecen tres servizos nun so equipo :rede sen cable , rede con cable e encamiñador para internet .

No equipo encamiñador atópase a antena , que serve para as comunicacións sen cable ; as catro conexións para a rede Ethernet (de cor amarela ) , e finalmente ,a conexión de comunicación con internet .

  • Para establecer comunicación co punto de acceso , o noso ordenador necesita un dispositivo Wi-Fi .Este dispositivo serve para recibir e emitir ondas de radio que levan a información . Pódese conectar ao ordenador con tres elementos : tarxetas PCI , tarxetas PCMCIA e tarxetas USB.


PCI

  • Serven para equipos de sobremesa que dispoñen desta conexión

  • Son moi eficaces , xa que a súa funcionalidade é equiparable á dunha tarxeta de rede normal

  • A única dificultade é que se ten que manipular no interior do ordenador

PCMCIA

  • Destinadas a equipos portátiles

  • Foron as primeiras tarxetas que se crearon , xa que esta tecnoloxía estaba pensada para os equipos de alta mobilidade , como os portátiles

  • As primeiras tarxetas PCI eran PCMCIA cun adaptador a PCI

USB

  • Destinados tanto a equipos de sobremesa como a portátiles , porque son moi sinxelas de conectar a un equipo

  • Ao principio eran dispositivos moi grandes , pero actualmente a tecnoloxía creou dispositivos tan pequenos cmo o lapis USB


No hay comentarios:

Publicar un comentario