
AS REDES INFORMÁTICAS
Unha rede informática constitúese por un conxunto de ordenadores e outros dispositivos , conectados por medios físicos ou sen cable , co obxectivo de compartir uns determinados recursos . Estes poden ser aparellos (hardware) , como impresoras sistemas de almacenaxe , etc., ou programas ( software) , que inclúe aplicacións , arquivos , datos , cartafoles , etc.
Segundo as dimensións das redes , podémolas clasificar fundamentalmente en redes de área local ou LAN ( local area network ) , que abranguen áreas reducidas como pode ser unha oficina , un edificio e , mesmo , o teu instituto , e redes de área ampla ou WAN (wide area network ) , que abranguen áreas xeográficas maiores .
Segundo a relación que se establece entre os diferentes ordenadores da rede , podemos ter redes con servidores ou redes igualitarias . Nas redes con servidores , os recursos compartidos atópanse nun só ordenador ou un número reducido de ordenadores , normalmente de altas prestacións denominado servidor. Estes servidores xestionan tanto o uso dos recursos como os permisos para utilizalos .Nas redes igualitarias todos os ordenadores que as integran poden compartir e utilizar os devanditos recursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario