lunes, 20 de junio de 2011

hola2

traballo presentacion

ewciclaje

hola
traballo presentacion

reclica!!!

ahí vai a presentación de reciclaxe

martes, 10 de mayo de 2011

Tarjetas de expansión PCI y PCI express


Las tarjetas de expansión son dispositivos con diversos circuitos integrados y controladores que, insertadas en sus correspondientes ranuras de expansión, sirven para ampliar las capacidades de un ordenador. Las tarjetas de expansión más comunes sirven para añadir controladoras de vídeo y imagen ,sonido,conexión a la televisión , puertos serie o paralelo y dispositivos de módem. Las tarjetas de expasión deben conectarse a la placa madre a través de una ranura de expansión.

viernes, 6 de mayo de 2011

Os protocolos TPC/IP


Os protocolos TPC/IP

Os protocolos TCP/IP garanten que todos os ordenadores se comuniquen sen problemas como unha rede única .

  • TCP ou protocolo de control de transmisión ( transmisión control protocol ).É un conxunto de regras establecidas na transmisión de información entre ordenadores que garanten que os datos serán transferidos sen erros e na mesma orde en que foron transmitidos.

  • IP (internet protocol) é un enderezo mediante o cal se identifica cada ordenador que está conectado a internet . Dito doutro xeito , a través de internet os ordenadores conéctanse entre si mediante os seus enderezos IP repectivos.

Ferramentas de participación e colaboración


Ferramentas de participación e colaboración

Elaboración de documentos de forma colaborativa :Podemos crear , administras e compartir documentos de texto e follas de cálculo desde internet a través do navegador Web. Tamén mentas ofimáticas estándar . A empresa Google dispón da ferramenta Google docs & Spreadsheets ( documentos e follas de cálculo)


As wikis : De forma sinxela e intuitiva ,permiten crear , modificar , enlazar e borrar o contido dunha páxina web colaborativa . Podemos crear unha wiki persoal ,aínda que a máis coñecida é a enciclopedia libre Wikipedia.


As bitácoras ou blogs:Son sitios web deseñados para escribir artigos persoais ou de calquera outro tipo que se ordenen automaticamente outras outro empezando polo máis recente. Utilízase un sistema de etiquetas (tag , en inglés ) para organizar os artigos por temas .Os lectores dos blogs poden facer comentarios sobre calquera artigo concreto .


Os foros ou grupos de discusión : Permítenos establecer debates ou intercambiar opinións sobre calquera tema determinado e soen estar moderados polo responsable do foro. Na actualidade,é unha ferramenta moi utilizada para expoñer dúbidas e obter solucións.


A mensaxería instantánea: Permite intercambiar mensaxes entre dúas ou máis persoas en tempo real . É unha evolución dos populares chats, que aínda se utilizan pero pero non ofrecen as mesmas prestacións . Tamén admite o iso da imaxe e o son para establecer videoconferencias.



A seguridade na rede



A SEGURIDADE NA REDE

Os riscos da rede

Relativos á información

Relativos á comunicación interpersoal

  • Acceso a información pouco fiable:Debemos asegurarnos de que as fontes de información de internet utilicemos sexan fiables.

  • Dispersión e perda de tempo : Hai tanta información na rede que debemos de aprender a xestionala para que non resulte contra producente .

  • Acceso á información inapropiada ou ilegal:Debemos seleccionar fontes de información cuxos contidos non sexan sexistas , xenófogos ou pornográficos , e que non fomenten a violencia e o consumo de substancias , ou ben actitudes que sexan prexudiciais para a saúde .

  • Mensaxes lixo : Debemos evitar as mensaxes de publicidade non desexada que se envía de forma indiscriminada e abusiva.

  • Mensaxes ofensivas : Non permitamos que o noso interlocutor nun chat poida utilizar unha linguaxe ou unha temática que nos poida ofender ou ou incomodar .

  • Perda de intimidade:Non hai que proporcionar datos de carácter persoal ou pertencentes a amigos e familiares a través de canles abertas como chats , foros ou formularios , xa que non podemos saber de que xeito os van utilizar .

  • Suplantación de identidade: Debemos ser cautelosos cando coñezamos persoas a través da rede ,xa que hai xente que utiliza unha falsa identidade para gañar a nosa confianza con malas intencións .

Sobre as actividades económicas

Sobre as adiccións

  • Estafas ou roubos : Temos que evitar facilitar os datos da tarxeta de crédito , sen a autorización dos nosos pais ,a entidades cuxa procedencia non coñezamos .

  • Compras inducidas e sen autorización : Non debemos deixarnos tentar pola publicidade na rede , que nos incita ao consumo irreflexivo .A mellor maneira de non caer na tentación é consultar unha compra cos nosos pais antes de decidila .

  • Violación da propiedade intelectual :Como veremos máis adiante , existe moita información na rede que ten propietario e , polo tanto , non podemos facer uso dela .

  • Nos contornos sociais virtuais : Só sabemos relacionarnos a través da rede e non podemos limitar o uso destes contornos , como o chat .

  • Ao xogo compulsivo:Cando estamos enganchados a calquera clase de xogo , que supoña xogar cartos ou non , que non nos permite relacionarnos normalmente ou cumprir coas nosos abrigas, como ir á escola.

  • Compras compulsivas : Como a rede está aberta as vinte catro horas do día e os 365 días do ano , o risco de caer nunha espiral de compras compulsivas pode derivar nunha conduta patolóxica de graves consecuencias psíquicas e económicas.


miércoles, 27 de abril de 2011

A voz por IP



  • Grazas a internet , desenvolvéronse novas tecnoloxías e novos servizos , pero tamén evolucionaron tecnoloxías xa existentes. É o caso da telefonía .

A voz sobre o protocolo de internet , tamén coñecida como VoIP ou telefonía IP , é o conxunto de recursos que fan posible que o sinal de voz viaxe a través de internet .

Con estes recursos enviados a voz en formato dixital por internet en lugar de enviala mediante os circuítos de empresas telefónicas .

Cando se fai unha chamada VoIP entre dous usuarios de internet , non se paga nada .Só se paga cando a chamada se fai a un número de teléfono fixo ou a un móbil . Deste xeito , un usuario de Nova York pode chamar a un amigo ou amiga a Barcelona de forma moi económica .

Actualmente , existen diversos protocolos que permiten este servizo .Uns son privados, como no caso de Skype, e outros son libres ,como SIP ou Jingle. O problema é que non son compatibles :un usuario do Skype non pode conectar con SIP .

O protocolo de bluetooth


Bluetooht é un protocolo estándar de comunicacións de IEEE 802.15 para a transmisión de voz sen cables entre dispositivos , mediante unha radiofrecuencia segura e de alcance global .

Cando se comezaron a desenvolver os produtos bluetooth de primeira xeración , os seus destinatarios eran persoas dedicadas aos negocios que viaxan a miúdo .Isto orixinaba unha serie de cuestións previas que había que solucionar :

  • O sistema debía operar en todo o mundo

  • O emisor de radio tiña que consumir pouca enerxía , xa que debía ser integrado en equipos de batería

  • A conexión debía soportar voz e dato de , polo tanto , aplicacións multimedia .

  • A tecnoloxía había de ser de baixo custo ( o obxectivo era chagar a só cinco dólares por dispositivo )

Creación dunha rede doméstica sen cables



Os elementos que necesitamos para crear unha rede sen cable na casa son un punto de acceso para conectar ao encamiñador , e un dispositivo Wi-Fi para conectar ao ordenador.

  • Un punto de acceso é un dispositivo encargado de conectar dispositivos Wi-Fi para crear unha rede sen cables .Habitualmente, tamén dispón dun conector para rede con cable e permite conectar a rede sen cable coa rede de cables .

Moitos dos encaiñadores actuais xa levan incorporado o punto de acceso , e ofrecen tres servizos nun so equipo :rede sen cable , rede con cable e encamiñador para internet .

No equipo encamiñador atópase a antena , que serve para as comunicacións sen cable ; as catro conexións para a rede Ethernet (de cor amarela ) , e finalmente ,a conexión de comunicación con internet .

  • Para establecer comunicación co punto de acceso , o noso ordenador necesita un dispositivo Wi-Fi .Este dispositivo serve para recibir e emitir ondas de radio que levan a información . Pódese conectar ao ordenador con tres elementos : tarxetas PCI , tarxetas PCMCIA e tarxetas USB.


PCI

  • Serven para equipos de sobremesa que dispoñen desta conexión

  • Son moi eficaces , xa que a súa funcionalidade é equiparable á dunha tarxeta de rede normal

  • A única dificultade é que se ten que manipular no interior do ordenador

PCMCIA

  • Destinadas a equipos portátiles

  • Foron as primeiras tarxetas que se crearon , xa que esta tecnoloxía estaba pensada para os equipos de alta mobilidade , como os portátiles

  • As primeiras tarxetas PCI eran PCMCIA cun adaptador a PCI

USB

  • Destinados tanto a equipos de sobremesa como a portátiles , porque son moi sinxelas de conectar a un equipo

  • Ao principio eran dispositivos moi grandes , pero actualmente a tecnoloxía creou dispositivos tan pequenos cmo o lapis USB



TRANSMISIÓNS DATOS A TRAVÉS DA LUZ

Os datos informáticos baséanse na numeración binaria . Na comunicación infravermella , esta numeración pódese entender ou codificar como 0 , se non hai luz, e 1 , se a hai .

O equipo emisor transforma os datos que hai que enviar nunha codificación de 0 e 1 para apagar ou acender o led . Este envía lampos de luz a determinada velocidade (acendida ) ou interrompe) a emisión (apagada). Cando o equipo receptor recibe a luz , transforma a secuencia dos lampos de luz en datos .

Así pois , podemos dicir que hai un cable virtual por onde pasan os datos dun elemento a outro . Este tipo de comunicación que permite enviar os bits de información un detrás doutro chámase comunicación en serie . Por isto, é habitual configurar a conexión de infravermellos dos ordenadores como un nova conexión de serie .


A FIBRA ÓPTICA

Está formada por filamentos de vidro transparente (de cristal natural ou de plástico ) que poden ser tan finos como un cabelo humano e son capaces de transportar os paquetes de información como feixes de luz producidos por láser . Pódense transmitir simultaneamente ata cen feixes de luz , cunha transmisión de ata 10Gb/s por cada feixe , co que se consegue unha velocidade total de 10Tb/s .

O ENCAMIÑADOR

Tamén denominado router en inglés , é un dispositivo destinado a interconectar diferentes redes entre si . Por exemplo , unha LAM cunha WAN ou con Internet . Se por exemplo utilizamos un encamiñador para conectarnos a internet a través de tecnoloxía ADSL ,aparte de conectar as dúas redes (a nosa con internet ) o router tamén terá que traducir os paquetes de información da nosa rede ao protocolo de comunicacións que utiliza a tecnoloxía ADSL .


A TARXETA DE REDE

Tamén denominada NIC (network interface card ), é a interface que permite conectar o noso equipo á rede. Normalmente, instálase nas fendas de aplicación do noso equipo ou a través da conexión USB (nalgunhas tarxetas sen cable).



AS REDES INFORMÁTICAS

Unha rede informática constitúese por un conxunto de ordenadores e outros dispositivos , conectados por medios físicos ou sen cable , co obxectivo de compartir uns determinados recursos . Estes poden ser aparellos (hardware) , como impresoras sistemas de almacenaxe , etc., ou programas ( software) , que inclúe aplicacións , arquivos , datos , cartafoles , etc.

Segundo as dimensións das redes , podémolas clasificar fundamentalmente en redes de área local ou LAN ( local area network ) , que abranguen áreas reducidas como pode ser unha oficina , un edificio e , mesmo , o teu instituto , e redes de área ampla ou WAN (wide area network ) , que abranguen áreas xeográficas maiores .

Segundo a relación que se establece entre os diferentes ordenadores da rede , podemos ter redes con servidores ou redes igualitarias . Nas redes con servidores , os recursos compartidos atópanse nun só ordenador ou un número reducido de ordenadores , normalmente de altas prestacións denominado servidor. Estes servidores xestionan tanto o uso dos recursos como os permisos para utilizalos .Nas redes igualitarias todos os ordenadores que as integran poden compartir e utilizar os devanditos recursos.

CLASIFICACIÓN DOS SISTEMAS OPERATIVOS

Sistema operativo

Windows Vista

Windows XP

MAC OS X

Debian

GNU-Linux

Solaris

Creador

Microsoft

Microsoft

Apple

Debian

Sun

Ano de lanzamento

2007

2001

2001

1993

1989

Gratuíto

Non

Non

Non

Si

Si


SISTEMAS OPERATIVOS
O sistema operativo é o software encargado de xestionar de xeito transparente para o usuario os recursos do hardware , e comeza a executarse ao poñer en funcionamento
o ordenador . O compoñente central ao núcleo do sistema operativo , denominado kernel , forma unha plataforma para que outros programas do sistema e o resto do software se poidan executar.

miércoles, 13 de abril de 2011

Tamara

Son unha alumna que creou este blog para clase de informática , que nos mandou a nosa profesora Pilar Ortega.Chámome Tamara é estudo música no conservatorio e estou na Banda de Música xuvenil de Xinzo.Empecei a estudar música en Xinzo ,omde aprendín a tocar o clerinete e maís tarde a gaita,gústame a música dende moi pequecha.Por este motivo no meu blog vou a falar sobre a Banda de música xuvenil de Xinzo onde están os meus amigos e o pasamos ben facendo o que nos gusta.